O Ribadeo sorprende na Senra (1-2) a un Ribadumia que fai méritos para gañar
Por Redacción
Sorpresa na Senra. O Ribadeo conseguiu os tres puntos tras remontar o gol de Sidibé que adiantaba aos locais ao pouco de comezar a segunda parte.
A primeira metade foi de neto dominio dos homes de Gabi Leis, que deberon irse con vantaxe aos vestiarios. O tanto de Sidibé facía xustiza á maior ambición dos aurinegros, pero o Ribadeo encontrou no seu banco a solución coa entrada de David que cambiou o partido.
Precisamente David sería o autor dos dous goles visitantes. Entre ambos os dous o Ribadumia quedaría en inferioridade ao ser expulsado Pacheco por dobre amoestación, a pesar do cal os locais seguiron premendo en busca da vitoria, véndose sorprendidos nunha contra, a falta de pouco máis de dez minutos.
Os de Gabi Leis buscaron o empate e tiveron ocasións para conseguilo, pero faltoulles acerto para concretar.
CD RIBADUMIA (1): Roberto Pazos; Pacheco, Miguel Vázquez, Adrián Padrón, ÿscar Río; Bisti, Sidibé; Sylla, Jesu (Nelo, min. 61), Adrián Padín (David Pérez, min. 72); e Changui.
RIBADEO FC (2): Kiko; Coki, Vilela (David, min. 61), Álex, Isma, Dapo, Andrés, Rafa Casanova (Brais, min. 75), Santi, Javi e Cris.
Árbitro: Uxío Caamaño Vázquez (Vigo), asistido nas bandas por David Veloso Prado e David Martínez Barciela. Expulsou por dobre amoestación o xogador local Pacheco (minuto 76). Amoestou os visitantes Dapo, Álex e Javi.
Goles: (1-0) Minuto 53: Sidibé. (1-1) Minuto 69: David. (1-2) Minuto 79: David.
Incidencias: Campo municipal da Senra (Ribadumia). Uns 200 espectadores.