A prudencia leva ao empate (0-0) entre Barbadás e Arosa
Por Redacción
Un disparo de Adrián Camiño e un man a man de Quique Cubas con Berto, que non logrou finalizar. Foron as ocasións máis claras dun Arosa serio en defensa e sen concesións ao rival, que preferiu non arriscar antes que buscar con decisión o marco rival.
Os locais tiveron as primeiras chegadas, en remates de Moisés e Karim, pero o equipo de Piscis asentouse sobre o campo e controlou perfectamente un partido que na súa segunda parte apenas tivo xogadas de gol.
Superada a hora de xogo ambos os dous equipos conformáronse co punto, que para os locais significa empolicarse ao máis alto da táboa, mentres os arosistas se manteñen moi preto dos postos de privilexio.
UDC BARBADÁS (0): Berto; Jorge, Alfredo, Quintairos, Vieytes, Nuno, Cristhian, Nacho Currás (Hugo, minuto 63), Karim (Rafita, minuto 55), Moises e Jaime (Luis González, minuto 61).
AROSA SC (0): Jorje Pérez; Juanjo, Nano, Martín, Juan Rodríguez, Pablo Rivas, Nando, Iago Pérez, Quique Cubas (Javi Pazos, minuto 86), Adrian Camiño e Vixo (Pablo Vázquez, minuto 69).
Árbitro: Julio Martínez Barral (Santiago), auxiliado nas bandas por ÿscar Pereiro e José Luis Fernández. Amoestou a Vieytes e Nuno por parte do equipo local, e a Adrián Camiño, polo Arosa.
Incidencias: Campo de Os Carrís (Barbadás). Uns 700 espectadores. Antes do inicio do partido procedeuse á presentación dos 8 equipos de fútbol 8 da Escola de Fútbol do Concello de Barbadás.