Cómodo triunfo do Cisne (26-32) na pista do Granitos Ibéricos
Por Redacción
Non pasou apuros o Cisne para sumar unha nova vitoria neste arranque ligueiro. Os de Edín Covelo dominaron dende o primeiro minuto, levando sempre a iniciativa no marcador, aínda que as distancias foron bastante curtas ata o descanso.
Nada máis comezar a segunda metade os pontevedreses apertaron o acelerador, deixando clara a súa superioridade na pista e sentenciaron o partido mediado este período, chegando a dispoñer dunha máxima renda de 9 goles, que os locais maquillaron lixeiramente ao final, aproveitando a relaxación visitante.
GRANITOS IBÿRICOS (26): Pedro Ramírez, David Álvarez; Juan Araújo (1), Abel Carreira (5), Jorge Castro, Pablo Correa, Ismael Lago (1), Hugo López, Diego Mouriño (1), Xacobo Novoa (2), Pablo Pérez (1), Joaquín Rodríguez (8), Daniel Román e Héctor Soage (7).
BM CISNE (32): Toño Lafuente, Pablo Galán, Santiago Cuenca; Iván Abilleira, Pepe Camiña, Álex Chan (3), Edu Covelo (5), Rafa Dasilva (4), José Javier Hermida, Pablo Picallo (3), Pablo Rey (6), Carlos Rodríguez, Andrés Sánchez, Miguel Simón (2), Javi Vázquez (3) e Pablo Vidal (6).
Árbitros: Luis Ignacio Colmenero Guillén e Víctor Rollán Martín (Castela e León). Excluíron por dous minutos a Juan Araújo, Abel Carreira (3), Ismael Lago, Daniel Román e Héctor Soage, polo conxunto local, e a Pablo Rey, Andrés Sánchez, Miguel Simón (2) e Pablo Vidal, polo Cisne.
Marcador (cada cinco minutos): 1-3, 4-5, 6-8, 8-10, 10-13, 12-14 (descanso), 14-17, 16-21, 19-25, 21-29, 24-32 e 26-32 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal do Carballal (Vigo).