Máis de 1.000 atletas inscribíronse xa para a Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción
Finalizada a primeira fase de inscrición, o Medio Maratón de Pontevedra vai camiño de bater o seu record de participación, fixado o pasado ano 1.382 atletas.
Ata o momento son 1.034 os deportistas que confirmaron a súa presenza na liña de saída o próximo 19 de outubro, o que anima a organización a pensar que se pode superar a barreira dos 1.500 corredores.
Os interesados en participar aínda teñen tempo para inscribirse ata o día 14 de outubro a través da páxina www.championchipnorte.com.
Entre os servizos que ofrece a proba na súa décimo novena edición encóntranse o dorsal personalizado, a súa recollida previa, gardarroupa, avituallamento, autobús dende A Coruña e Santiago, gardaría, duchas ou a entrega dunha bolsa do corredor, entre outros.
Co Medio Maratón finalizará a segunda edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, que contou con 269 atletas.
Relacionadas:
-
O Medio Maratón de Pontevedra pecha a súa inscrición con 1.636 atletas confirmados
Por Diego Espiño |
-
A tiro o record de participación do Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Medio Maratón de Pontevedra modifica o seu percorrido pensando en achegarse aos 1.500 participantes
Por Redacción |
-
Lolo Penas e a portuguesa Ercilia Machado, triunfadores da VII Carreira Pedestre de Campañó
Por Redacción & Diego Torrado |