Portomar Cortegada, importante test para o Arxil en Copa Galicia
Por Redacción
Importante pedra de toque para o Club Baloncesto Arxil na súa preparación para unha nova tempada na Liga Feminina 2, na que debutarán o 25 de outubro recibindo o ADB Araski.
As verdes afrontan este xoves un derbi ante o Portomar Cortegada (20:30 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva) en partido correspondente á Copa Galicia.
Tras a derrota ante o potente Bembibre na súa presentación ante a afección pontevedresa, as verdes afrontan un test que calibrará mellor as súas posibilidades ante as de Vilagarcía, e para iso recuperan a Carla Fernández e Ana Román, baixa o sábado por problemas físicos.
O sábado 4 o Arxil afrontará o seu segundo partido da fase de grupos, será a domicilio ante o Universitario de Ferrol.