Tono Campos e Álvaro Fernández Fiuza, subcampións do mundo de Maratón; ÿscar Graña e Ramón Ferro, bronce
Por Redacción
Os piragüistas pontevedreses volveron ser os protagonistas na terceira e última xornada do Mundial de Maratón que se disputou esta fin de semana na cidade estadounidense de Oklahoma. Este domingo era a quenda dos barcos dobres e o balance foi extraordinario. Dúas pratas, logradas por Tono Campos e Álvaro Fernández Fiuza; e dous bronces, os que se colgaron Ivan Alonso e a parella formada por ÿscar Graña e Ramón Ferro.
Tras a medalla de ouro lograda este sábado na proba de C-1, Tono Campos (Breogán do Grove) tratou de buscar o dobre en C-2. Intentouno xunto ao seu compañeiro José Manuel Sánchez, pero non puideron con Adam Docze e Marton Kover, que lograron o triunfo de forma cómoda. Os húngaros dominaron a regata e impuxéronse con máis dun minuto e medio de vantaxe. O padexeiro meco acusou o gran desgaste físico realizado neste campionato.
Con dúas medallas marcha tamén Iván Alonso (Kaiak Tudense) de Oklahoma. Proclamouse subcampión do mundo en K-1 e na proba deste domingo, o K-2 xunto a Emilio Merchán, colgouse a medalla de bronce.
Nunha intensa regata, con catro embarcacións loitando polos tres primeiros lugares, todo se decidiu nos últimos metros. Os surafricanos Hank Mc Gregor e Jasper Mocke foron superiores e aguantaron a presión dos seus adversarios. Álvaro Fernández Fiuza, que competía xunto ao seu compañeiro habitual, o asturiano Walter Bouzán, foi segundo por unha escasa marxe ante Iván Alonso e Emilio Merchán, que o intentaron ata o último metro.
A cuarta medalla que se colgaron os padexeiros pontevedreses este domingo foi a dos veteranos ÿscar Graña e Ramón Ferro, dous deportistas que agrandaron a súa lenda. O bronce que lograron na proba de C-2 é a súa novena medalla nunha competición mundialista (tres oros, tres platas e tres bronces), algo ao alcance de moi poucos.
Este Campionato do Mundo de Maratón foi a última competición importante da tempada internacional. España vaise de Oklahoma con sete medallas, seis delas para piragüistas pontevedreses, tanto en embarcacións individuais como dobres. Ademais, David Mosquera foi cuarto en C-1, mentres que Damián González (Verducido Pontillón) logrou o mesmo posto en C-1 júnior.
Relacionadas:
-
Tono Campos, recoñecido como mellor piragüista galego do ano
Por Redacción |
-
Brillar no Nacional e o Europeo previstos no Lérez, obxectivo dos piragüistas pontevedreses de maratón
Por Diego Espiño |
-
Os piragüistas que acudiron ao Mundial de Maratón de Oklahoma reciben unha homenaxe na Deputación
Por Redacción |
-
Primeiro ouro pontevedrés en Oklahoma: Tono Campos proclámase campión do mundo de Maratón
Por Redacción |
-
ÿscar Graña, Ramón Ferro e Fernández Fiuza poñen rumbo ao Mundial de Piragüismo Maratón de Oklahoma
Por Redacción |