O Marín Peixegalego, á espera dunha incorporación para dar por pechado o plantel
Por Redacción
Continúa a preparación do Marín Peixegalego de cara á súa segunda tempada consecutiva na Liga LEB Prata.
Os de Javi Llorente afánanse en preparar a súa estrea ligueira, o 5 de outubro ante o Azpeitia, despois dunha pretempada que se iniciou co equipo en cadro ante as dificultades de elaborar o equipo.
Agora, a menos de dúas semanas do inicio de liga, a directiva 'peixe' está á espera de dunha incorporación máis antes de dar por pechado o capítulo de fichaxes.
Ata o momento o equipo marinense estará composto por: Manu Ferreiro, Darío Suárez, Víctor García, Kyryl, Garfield Blair, Javier Medori, Norman Rey, Gregorio Adón, Ike Azotam, Al Rapier e Antonio Izquierdo.
Todos eles, a excepción de Norman Rey, participan con normalidade de adestramentos e partidos, como o que o pasado sábado os enfrontou ao Maia portugués cunha positiva actuación de Medori e Blair que provocou un triunfo por 60 a 73.
Rey, por motivos laborais, reincorporarase a tempo completo o equipo a partir do 1 de outubro.