Xian Silva e Sara Cortegoso afrontan o reto do Europeo sub-21 en Innsbruck
Por Redacción
O Mace-Sport terá representación no Campionato de Europa sub-21 de taekwondo que se disputa a próxima fin de semana na localidade austríaca de Innsbruck.
Alí estarán Xian Silva e Sara Cortegoso, que gañaron a praza ao proclamarse campións de España da categoría.
Xian, a pesar dunha escordadura que lle impediu adestrar con normalidade as útimas semanas, aspira a chegar ata as roldas finais facendo gala da súa experiencia en citas internacionais con só 18 anos.
Pola súa banda Sara Cortegoso, con menos experiencia neste tipo de citas, parte aos seus 16 anos coa ilusión de realizar un bo torneo e seguir mellorando no ranking nacional e internacional.
A competición celebrarase dende o venres 26 de outubro ata o domingo día 28.