ÿscar Graña, Ramón Ferro e Fernández Fiuza poñen rumbo ao Mundial de Piragüismo Maratón de Oklahoma
Por Redacción
Oklahoma espera xa á representación galega no Campionato do Mundo de Piragüismo Maratón que se celebrará a próxima fin de semana na localidade estadounidense.
Alí estarán os pontevedreses ÿscar Graña e Álvaro Fernández Fiuza, o insular Ramón Ferro e o tudense Iván Alonso.
Tres deles, Graña, Ferro e Alonso (Kayak Tudense), partiron este luns dende o aeroporto de Porto emprendendo unha viaxe con parada en Madrid e Chicago antes de chegar á cidade que acollerá o campionato o próximo sábado 27 de setembro e domingo 28.
A parella formada por ÿscar Graña e Ramón Ferro é unha das máximas favoritas na súa categoría, o C-2, onde defenden título tras sumar 14 medallas entre mundiais e campionatos de Europa nos últimos anos.
Pola súa banda o lerezano Álvaro Fernández Fiuza aspira tamén ao máis alto no K-2 xunto ao seu compañeiro, o asturiano Walter Bouzán. Parten coa intención de mellorar o segundo posto de hai un ano en Dinamarca e destronar ao cuarto galego en liza, un Iván Alonso que dobrará participación co K-1 e o dúo, onde forma equipo co zamorano Emilio Merchán.
Tamén estarán en Oklahoma TonoCampos e José Manuel Sánchez (Breogán do Grove), para tomar a saída no C-1.
Ademais a representación galega complétase co pontevedrés Damían González (Club Verducido Pontillón) e David Mosquera (Ría de Betanzos) en categoría júnior.
As diferentes probas do Mundial disputaranse de madrugada, segundo o horario español, con preto de 30 quilómetros de percorrido.
Relacionadas:
-
Tono Campos e Álvaro Fernández Fiuza, subcampións do mundo de Maratón; ÿscar Graña e Ramón Ferro, bronce
Por Redacción |
-
Primeiro ouro pontevedrés en Oklahoma: Tono Campos proclámase campión do mundo de Maratón
Por Redacción |
-
ÿscar Graña e Ramón Ferro triunfan na casa: ouro en C-2 na Copa de España de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Pontevedra vibra cos éxitos dos canoístas galegos na Copa España de Maratón
Por Redacción |