Catro de catro para o líder Portonovo, que se impón con claridade ao Erizana (1-4)
Por Redacción
Pola vía rápida despachou o Portonovo o seu partido ante o Erizana no estadio Val Martín (1-4) para manterse nos alto da clasificación da Rexional Preferente.
O conxunto arlequinado suma catro triunfos noutros tantos encontros despois de mostrar a súa contundencia ante o Erizana.
Dous goles de Brian e outro de Álex Cubas na primeira metade deixaron visto para sentenza o choque no primeiro acto. Tras o descanso Hugo Soto fixo o cuarto para o Portonovo e Marcos maquillou o resultado para os locais.
A próxima xornada os de Ángel Oliveira recibirán en Baltar o actual pechacancelas, o Nogueira de Ramuin.
ERIZANA CF (1): Ignacio, Ricardo (Abraham, min.46), Álex Pérez, Martín, Pablo, Antón, Cabral (Marcos, min.53), Miguel, Víctor (Iván, min.56), Bastero (Zamorano, min.52), Rubén.
PORTONOVO SD (4): Iván Parada, Marcos (Manu, min.61), Agra (Gándara, min.46), Iván Renda, Suso Bea, Víctor, Álex Cubas (Alberto, min.68), Brian, Hugo Soto, Nacho (Pablo Blanco, min.66), Luis Alberto.
Árbitro: Pablo Botana Rey. Amoestou a Bastero, Víctor, Martín e Abraham e aos visitantes Agra, Alberto e Víctor.
Goles: 0-1 Brian, min.24; 0-2 Brian, min.26; 0-3 Álex Cubas, min.33; 0-4 Hugo Soto, min.53; 1-4 Marcos, min.64.
Incidencias: Partido disputado no estadio Val Martín.