Sétimo posto en Madrid para Pablo Dapena, o mellor español na final da Copa de Europa de tríatlon
Por Redacción
O pontevedrés Pablo Dapena foi o mellor español na gran final da Copa de Europa de tríatlon, que se disputou este domingo na Casa de Campo de Madrid. Rematou en sétima posición, completando a proba nun tempo de 01:55:31, finalizando a 1:41 do gañador, o ruso Dmitry Polyanskiy.
Pablo Dapena volveu a amosar que se atopa nun gran momento de forma. A pasada semana logrou o subcampionato de España na distancia olímpica e en Madrid volveu a estar entre os mellores. A regularidade foi clave no seu rendemento. Non se descolgou nos 1.500 metros de natación e saíu ben colocado da primeira transición.
Desta forma, logrou meterse no grupo cabeceiro da bicicleta, que liderou a proba durante os 40 quilómetros e que foi abrindo distancias cos perseguidores.
O único español que estaba neste grupo de 13 homes era o pontevedrés. Desta forma, chegaron ao último segmento 11 deportistas con opcións de triunfo. Iniciaron xuntos os 10 quilómetros de carreira a pé, pero pronto o ruso Dmitry Polyanskiy rompeu a proba ao atacar. Deste ataque xurdiu un trío que se escapou en busca do podio.
A primeira posición foi para Polyanskiy, mentres que segundo foi o francés Frederic Belaubre (a catro segundos) e terceiro, o noruegués Kristian Blummenfelt (01:54:08). Por su parte, con respecto aos outros triatletas con licenza da Federación Galega, Ricardo Hernández ocupou o posto 31, mentres que Diego Paz tivo que retirarse.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena inicia en Australia a tempada da súa confirmación internacional
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena pecha a tempada cun vixésimo sétimo posto na Copa do Mundo de Cartagena de Indias
Por Redacción |
-
Madrid, Cozumel e Cartagena de Indias, retos para Pablo Dapena no tramo final da tempada
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena proclámase en Águilas subcampión de España de tríatlon
Por Redacción |
-
Notable resultado de Pablo Dapena: o triatleta pontevedrés, undécimo na Copa de Europa de Banyoles
Por Alejandro Espiño |