Sorprendente goleada (4-0) sobre o Cerceda e liderado para o Xuventú Sanxenxo
Por Redacción
Baltar de Arriba convertido nun fortín e o seu propietario, o Xuventú Sanxenxo, no sorprendente líder da terceira división no seu retorno á categoría. Tres partidos no seu feudo e tres vitorias, que converten aos de Ángel Oliveira no equipo sorpresa da terceira división, ademais logrando nesta ocasión unha goleada tanto ou máis sorprendente aínda que o seu liderado, sobre un Cerceda que foi incapaz de reaccionar aos goles e golpes que lle ían asestando os xogadores amarelos.
O Sanxenxo adiantouse aos 20 minutos co primeiro gol de Hugo e puido lograr o segundo antes do descanso por medio do mesmo Hugo, pero o seu remate foise ao poste.
Non obstante os de Oliveira sentenciaron na segunda metade ao conseguir tres goles máis en tan só oito minutos de xogo, ante un Cerceda ineficaz en ataque e desbordado en defensa.
Ramón nunha contra facía o 2-0, a pase de Jonathan e Hugo vía de novo porta para facer o terceiro a pase de Cuchi. O mesmo Cuchi faría o cuarto dous minutos máis tarde cun disparo afastado, que rematou por afundir a un Cerceda entregado, que mesmo puido recibir algún tanto máis nos últimos compases do partido.
XUVENTÿ SANXENXO (4): Álex Vila; Diego Peña, Suso Martínez, Guille, Alfonso, Héctor, Cuchi (Diego González, min. 70), Jonathan (Walter, min. 85), Hugo, Nel (Cidranes, min. 74) e Ramón.
CCD CERCEDA (0): Javi Rumbo; Noé, Juan (Louro, min. 62), Angeriz, Caridad, Agulló, Cano, Granada (Víctor, min. 79), Uxío, Hérbert e Martín (Dani, min. 46).
Árbitro: David Iglesias Melón (Vigo), auxiliado nas bandas por David Veloso Prado e Brian Mensah Pereira. Amoestou Héctor e Jonathan, polo Xunventú Sanxenxo, e a Juan, Noé, Louro, Angeriz e Cano polos visitantes.
Goles: (1-0) Minuto 18: Hugo. (2-0) Minuto 56: Ramón. (3-0) Minuto 61: Hugo. (4-0) Minuto 64: Cuchi.
Incidencias: Campo municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 200 espectadores.