ACD A Seca, a polo seu 35 aniversario en plena forma
Por Redacción
A Agrupación Cultural Deportiva A Seca presentou os seus 11 equipos nun acto celebrado na Discoteca Carabás de Pontevedra.
Toda unha institución do deporte base lerezano, A Seca leva traballando na formación de deportistas dende ao ano 1980, que un ano máis terá a súa base nas instalacións da Xunqueira.
Alí adestrarán e xogarán os seus preto de 200 futbolistas, de entre 4 e 18 anos de idade, repartidos nas formacións Biberón, Prebenxamín, Alevín B, Alevín A, Infantil B (2ª Autonómica), Infantil A (1ª Autonómica), Cadete B (Liga Provincial), Cadete A (Liga Galega), Xuvenil B (1ª Autonómica) e Xuvenil A (Liga Galega).
En todos estes anos pasaron polas diferentes categorías da Seca futbolistas do talle de Diego Castro, actualmente no Getafe, o xogador do Betis Pibe ou o integrante do primeiro plantel do Pontevedra Fran Fandiño, entre outros.