Deputación entrega 25.000 euros á Sociedad Gimnástica e ao Grupo Super Froiz
Por Redacción
25.000 euros cada un. ÿ a subvención que a Deputación de Pontevedra fixo entrega a dous clubs históricos de Pontevedra, a Sociedad Gimnástica de atletismo e o Grupo Supermercados Froiz de ciclismo. Unha axuda económica que, segundo Rafael Louzán, enmárcase no apoio da institución ao deporte, destacando ademais que en época de crise "conseguimos manter a contía das axudas deportivas".
En relación á Sociedad Gimnástica, Rafael Louzán destacou que se trata dunha entidade referente en Galicia e que realizou "extraordinario labor" durante os seus 85 anos de vida. O seu presidente, Ramón Touza, destacou que esta subvención "nos salva de verdaderos apuros económicos", xa que recoñeceu que debido á crise económica, son moitos clubs deportivos que dependen destas axudas.
Pola súa banda, Louzán afirmou que o Grupo Supermercados Froiz de ciclismo "constitúe xa un símbolo da cidade". Destacou a importancia de que "o nome deste equipo circule por toda España" e quixo pór de relevo "o esforzo e extraordinario traballo de todos os integrantes do club". Neste sentido, Magín Froíz agradeceu o apoio provincial ao deporte de base xa que "la crisis la sufrimos todos y tenemos que trabajar para poder salir de ella".