Partido de rivalidade entre Leis Pontevedra e Poio Pescamar no Pavillón Municipal
Por Diego Espiño
Cinco puntos separan na clasificación da Segunda División Feminina de fútbol sala a Poio e Leis, pero pouco importa cando os dous equipos enfróntanse (sábado, 19:00 horas, Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra) nun partido dos máis importantes da tempada para as xogadoras de ambos os conxuntos.
Así o recoñecen os adestradores horas antes do choque, "todas quieren jugar y se motivan mucho para días como este", mantén Jacobo Estors. Marcio Santos, pola súa banda refírese aos últimos adestramentos das súas, "tienen un punto más de motivación".
O preparador das de Poio quere pensar partido a partido aínda que admite que a situación na táboa achégalles certa tranquilidade, "no pensábamos estar tan arriba pero primero hay que salvarse, después ya se verá. El triunfo de la semana pasada nos refuerza". Marcio, que poderá contar con todas as súas xogadoras, espera poder ofrecer un bo partido ao público que se achegue ao Municipal, "espero que los dos equipos podamos demostrar el nivel que tenemos y que la gente pueda disfrutar sea cual sea el resultado".
O Leis, coa baixa de Sara, exercerá de local nun duelo no que Jacobo Estors quere quitarse presión, "va a ser duro pero ellas se juegan más. Lo importante va a ser controlar la ansiedad que genera un derbi y estar tranquilas. Todavía no hemos perdido en casa".