Támara Echegoyen continuará ata Río 2016: "Me falta por decidir a qué clase me cambiaré"
Por Alejandro Espiño
Támara Echegoyen alargará a súa carreira deportiva ata os Xogos Olímpicos de Río 2016. E onde mellor que en Cotobade, o seu lugar de adopción, para anuncialo? A regatista Pontevedra explicou a PontevedraViva que aínda non decidiu a que barco cambiarase, xa que a clase Match Race, na que logrou o ouro en Londres 2012, deixa de ser olímpica. Trátase dixo, dunha decisión que tomará "con tranquilidad".
Tras reiterar que "mi primer objetivo serán los Juegos Olímpicos", Támara Echegoyen desvelou que volverá retomar os adestramentos o próximo mes de xaneiro. "Tengo muchos proyectos, porque la medalla de oro me abrió muchas puertas. Tengo que estudiarlos todos, para ver cuál es el que quiero, pero sí, tengo en mi cabeza seguir una campaña olímpica más, hasta Río 2016".
Entre os proxectos da regatista pontevedresa está ata dar o salto á vela océanica. Propuxéronlle participar na Volvo Ocean Race e di, estao pensando. "Quizá no participar, pero sí tener el primer contacto", reconoce. "De momento no tengo nada cerrado, pero me gustaría llegar a todos los ámbitos de la vela y probar la modalidad oceánica. No sé si será posible, pero no descarto ninguna posibilidad".
Iso si, no caso de participar en Río 2016, farao inevitablemente, sen a coruñesa Sofía Touro e a asturiana Ángela Pumariego. O "Xiquitas Team" deixa de ser olímpico, "por lo que en las próximas campañas no podremos estar juntas", recoñece Támara. Pero iso non significa que deixemos de velas competindo xuntas. "Espero que cada una forme su proyecto, pero tengo claro que seguiremos juntas a nivel internacional en Match Race. Seguiremos dando guerra y levantando alguna que otra pasión", di entre risas.
Nomeada Filla Adoptiva de Cotobade
Támara Echegoyen fixo estas declaracións ao termo do acto polo que o Concello de Cotobade nomeouna filla adoptiva do municipio. Aínda que naceu "accidentalmente" en Ourense, desde moi pequena vive na parroquia de Viascón. Por iso, non dubidou en sinalar que "he vivido muchas cosas en este concello, para mí es un honor formar parte de esta familia y que me hayan hecho este homenaje".
Rodeada de amigos e familiares, Támara Echegoyen recordou como o primeiro remo co que empezou a facer deporte, tallouse nunha carpintería de Cotobade, e agradeceu o apoio que lle brindou sempre desde o Concello. Pero sen dúbida, se a alguén dedicou este recoñecemento dos seus veciños, foi á súa familia, "que no dejaron que tirase la toalla las veces que estuve a punto de hacerlo", e moi especialmente ao seu pai.
Nun discurso, que tivo que interromper, emocionada, en dúas ocasións, a regatista pontevedresa afirmou que "fue quien me enseñó a disfrutar de cada día de competición, a que simplemente viviese el momento, a que disfrutase de cada regata, de cada victoria y, sobre todo, a romper la barrera del miedo y afrontar los retos que se presentan cada día". Foi el, dixo, "quien me convirtió en la campeona olímpica que ahora soy, la medalla de oro es suya".