VIDEO.- O Pontevedra publica un video promocional da nova tempada
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol recorre unha vez máis ao audiovisual para promover unha nova tempada.
Baixo o lema 'Unidos por un novo futuro' o vídeo, no que colaboran futbolistas do primeiro plantel e integrantes das categorías inferiores, trata de animar os afeccionados para que acudan ao Estadio Municipal de Pasarón.
Trátase dun traballo elaborado baixo o guión Carolina Abal e edición de Astrid Abal.
O vídeo foi estreado o pasado venres na presentación do primeiro equipo celebrado na Praza da Ferrería e agora foi compartido polo club a través da súa canle oficial de Youtube.