Victoria no Torneo de La Encina para o Pontevedra Rugby Club por segundo ano consecutivo
Por Redacción
O Pontevedra Rugby Club proclamouse o pasado sábado campión do VI Torneo de La Encina dePonferrada ante o equipo local, o Bierzo Rugby, por 13 a 33 no seu primeiro partido de pretempada.
ÿ o segundo ano consecutivo que o equipo lerezano gaña o torneo berciano, disputado nesta ocasión en formato de tres tempos de 25 minutos a causa das elevadas temperaturas.
O encontro se decidiu no terceiro tempo, despois que o Bierzo se adiantase no marcador e o Pontevedra remontase para chegar ao segundo descanso un punto por enriba (13-14).
Na última parte os lerezanos mostráronse máis enteiros e sentenciaron con tres ensaios máis para traerse o trofeo de volta a Galicia.
Por outra parte durante o mes de setembro e de xeito paulatino espérase a incoporación aos adestramentos do Pontevedra Rugby Club de varios xogadores que reforzarán o novo plantel.