Javier González e Artai Pazos, o futuro do taekwondo pontevedrés
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este xoves no Concello a Javier González e Artai Pazos tras a súa recente participación no Mundial cadete de taekwondo disputado en Bakú.
Alí Javier González colgouse a medalla de bronce, mentres Artai foi eliminado ás primeiras de cambio tras cruzarse en primeira rolda cun dos grandes favoritos.
Malia todo o seu adestrador, Miguel Cortegoso, asegura que ambos os dous "teñen potencial para manter o nivel" dun ano no que tamén se proclamaron campións de España.
Os deportistas do Mace Sport rematan a súa etapa cadete e ascenden á categoría júnior, na que intentarán repetir os éxitos obtidos estes últimos anos e que garanten o futuro do taekwondo pontevedrés.
Relacionadas:
-
ÿxito do Mace Sport en Bakú: Javier González, bronce no Mundial cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
Artai Pazos e Javier González xa están en Azerbaiyán para disputar o Mundial de taekwondo para cadetes
Por Redacción |
-
Artai Pazos e Javier González representarán o Mace Sport no Mundial de taekwondo para cadetes
Por Redacción |