Pedro Merino gaña a Vuelta a Toledo nunha demostración de poderío do Froiz
Por Redacción
Dominio absoluto do Grupo Deportivo Supermercados Froiz na Vuelta a Toledo, que concluíu este martes coa disputa da cuarta e última etapa, con saída e chegada na capital da pronvincia e 136 quilómetros de percorrido.
Pedro Merino, que chegaba líder á última xornada, logrou manter a súa posición de privilexio para levarse a clasificación xeral da rolda por unha marxe de tres segundos sobre Antonio Pedrero (Lizarte).
A etapa definitiva gañouna Juan Ignacio Pérez (Gomur-Cantabria) con Merino a só tres segundos manténdose á fronte da clasificación.
Ademais do triunfo na xeral o Froiz levouse tres das catro etapas da volta, con dous triunfos parciais de Sergio Míguez e outro de Merino, e a clasificación por equipos.
Para completar a grande actuación da escuadra alimenticio José Antonio De Segovia foi cuarto na xeral a 14 segundos e David Francisco sexto a 37.