Álvaro Fernández Fiuza gaña o seu quinto Descenso do Sella consecutivo
Por Redacción
Volveuno facer. O pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza, xunto ao seu compañeiro no K-2 Walter Bouzán, proclamouse vencedor do 78 Descenso Internacional do Sella.
ÿ a quinta edición consecutiva na que Fiuza e Bouzán inscriben o seu nome na lista de gañadores da prestixiosa competición, aínda que esta vez tiveron que esforzarse ao máximo no descenso do río asturiano, caracterizado pola grande igualdade entre os participantes.
Catro embarcacións xogáronse o título nos últimos metros cun emocionante sprint no que se impuxeron Fernández Fiuza e Walter Bouzán cun tempo de 1 hora, 6 minutos e 43 segundos, seguidos de Emilio Merchán e Iván Alonso e cos sudafricanos Andrew Birkett, e Greg Louw na terceira praza.
Un total de 644 embarcacións tomaron a saída na proba, con case 900 padexeiros de dezasete países nunha edición dominada no K-1 por Manuel Busto.