David Cal, Tono Campos, Diego Romero e Adrián Sieiro, rumbo a Moscú para o Mundial de piragüismo
Por Redacción
Oito canoístas e sete kaiakistas formarán a expedición galega no Campionato do Mundo de piragüismo que se disputará a partir deste xoves en Moscú. Son doce homes e tres mulleres que afrontarán un total de 14 probas en varias modalidades. Será un calendario esixente, xa que varios deles afrontarán dúas probas. A pesar de todo, hai serios candidatos a medalla nunha das citas clave desta tempada.
David Cal terá unha dobre presenza. Logrou clasificarse no selectivo disputado en Verducido para o C-1 1.000 metros. O medallista olímpico, concentrado dende hai varios meses en Brasil, preséntase á cita como un dos favoritos polo seu brillante palmarés. O galego tamén formará parte do C-1 200 de relevos xunto aos tamén galegos Adrián Sieiro e André Oliveira. Alfonso Benavides completa o equipo español nesta modalidade.
Adrián Sieiro (Club Piragüismo Poio) tamén terá unha dobre presenza no Mundial. Ademais dos relevos, estará presente no C-1 500 metros, unha das regatas máis espectaculares de toda a competición.
Pola súa banda, Tono Campos e Diego Romero (Breogán O Grove) levan varias semanas preparando esta importante cita, considerada como unha das súas prioridades na actual tempada. Estarán no C-2 1.000 metros e tamén candidatos a estar no podio, tras quedar quintos no pasado Europeo.
André Oliveira e Yeray Picallo (Náutico Firrete) afrontarán as probas de C-2 500 e 200 metros co desafío de lograr un bo resultado. O mesmo que Carlos Arévalo e Cristian Toro en K-2 200 metros. Ademais desta proba, os dous tamén estarán presentes nos reveos de K-1 200 metros xunto a Saúl Craviotto e Carlos Garrote.
Rodrigo Germade e ÿscar Carrera (Kayak Tudense) formarán xunto a Javier Hernanz e Iñigo Peña a embarcación española do K-4 1.000 metros. ÿ unha das apostas máis firmes para conseguir unha medalla. Sobre todo tras gañar a Copa do Mundo en Milán.
A representación masculina no Mundial complétana Rubén Millán e Diego Piña (Kayak Tudense) no K-2 500 metros. Lograron a súa clasificación nun esixente selectivo e tamén realizarán o esforzo de ter que pagarse eles mesmos a súa participación. A eles súmase o seu compañeiro Víctor Rodríguez, que fará o propio no K-2 1.000 metros. O canario afincado en Tui competirá xunto co palentino Diego Cosgaya.
Entre as féminas, Ana Varela competirá en K-2 500 metros e tamén no K-4 na mesma distancia xunto a María Corbera, Isabel Contreras e Eva Barrios. Polo tanto, un dobre esforzo para o padexeiro tudense. As pontevedresas Raquel Rodríguez e Jenifer Casal (Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra), por último, probarán sorte na proba de C-2 500 metros.
Relacionadas:
-
David Cal e Ana Varela, lonxe das medallas nas primeiras finais do Mundial de Moscú
Por Redacción |
-
Protagonismo galego no Mundial de piragüismo de Moscú
Por Redacción |
-
David Cal clasifícase para a final do C-1 1.000 no primeiro día do Mundial de Moscú
Por Redacción |
-
O Balneario de Cuntis, apoio para Diego Romero no seu camiño a Río 2016
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro, sétimo en C-1 500 Sub-23, pecha un gran Mundial para o Club Piragüismo Poio
Por Redacción |
-
Tono Campos e Diego Romero quedan a oito décimas do bronce no Europeo de piragüismo
Por Redacción |