Pontevedra vibra cos éxitos dos canoístas galegos na Copa España de Maratón
Por Redacción
A primeira xornada da Copa de España de maratón, que se disputa esta fin de semana no río Lérez, deixou un dominio apisoante dos canoístas galegos. David Mosquera gañou en C-1 sénior, mentres que Damián González o fixo en C-1 júnior. Os tres primeiros clasificados en ambas as dúas categorías foron padexeiros de Galicia. En cambio, nas probas de kaiak, o único que subiu ao podio foi Jesús Rodríguez en K-1.
David Manuel Mosquera e José Manuel Sánchez, ambos os dous do Ría de Betanzos, mantiveron unha forte loita durante todo o percorrido. Pero de novo o tramo final foi o decisivo. David Manuel Mosquera afastouse uns metros do seu principal adversario e logrou chegar en primeiro lugar á liña de meta. Terceiro foi David González (Kayak Tudense), que se mantivo na loita polo triunfo ata que se lle esgotaron as forzas.
A categoría júnior C-1 foi dominada tamén polos galegos. Damián González (Verducido Pontillón) logrou a vitoria por diante de Alex Bernárdez (Club Piragüismo Poio) e Adrián Castiñeiras (Náutico Pontecesures).
Roi Baulde (As Torres Romería Vikinga) e Manuel Cons (Verducido Pontillón) foron segundo e terceiro respectivamente, na categoría C-1 sub-23. Ambos os dous realizaron unha magnífica regata e loitaron pola vitoria ata a última volta.
En K-1, Jesús Rodríguez (Club O Barco) logrou o segundo posto na clasificación final tras unha forte pugna co padexeiro vasco Xabier Ruiz (Donostia Kayak), que foi o gañador. Entre ambos os dous rexistrouse unha escasa diferenza dun minuto tras percorrer os 30 quilómetros dos que constaba a proba.
Durante toda a tarde se celebraron tamén as probas cadetes e veteranos. Todo iso nun percorrido que unía a ponte de San Benito coa ponte de Santiago e que conta con porteos na Illa das Esculturas, preto da zona onde se dará a saída. ÿ un circuíto similar ao que terá o Campionato de España de 2015 e o Europeo de 2016, que se celebrarán tamén en Pontevedra.
A Copa de España de maratón finalizará o domingo coas regatas dos barcos dobres. A partir das 9.30 horas disputaranse tanto as probas de kaiak como de canoas. Ramón Ferro e ÿscar Graña son os grandes favoritos na proba de C-2.
Relacionadas:
-
Primeiros pasos na organización do Europeo de Piragüismo Maratón de 2016
Por Diego Espiño |
-
ÿscar Graña, Ramón Ferro e Fernández Fiuza poñen rumbo ao Mundial de Piragüismo Maratón de Oklahoma
Por Redacción |
-
ÿscar Graña e Ramón Ferro triunfan na casa: ouro en C-2 na Copa de España de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Máis de 500 piragüistas invadirán o Lérez na Copa de España Maratón
Por Redacción |