Fany López continuará unha tempada máis no Arxil
Por Redacción
O Arxil segue avanzando na composición do plantel co que afrontará un ano máis a Liga Feminina 2 de baloncesto.
O club verde confirmou a continuidade no equipo de Fany López, ala-pívot que sumará así o seu cuarto ano como sénior na entidade pontevedresa, na que foi gañando cada tempada máis protagonismo no primeiro equipo.
Fany será xogadora do primeiro plantel pero alternará co filial, despois de pechar o pasado curso en Liga Feminina 2 con 233 minutos xogados, 41 puntos e 30 rebotes.
Con esta confirmación son xa sete as xogadoras que integran o novo proxecto verde: a propia Fany López, Maimouna Diarra, María Lago, Cristina Díaz-Pache, María González, Carla Fernández e Sandra Entenza.
Relacionadas:
-
Jara Tuda renova co Arxil coa intención de gañar protagonismo no primeiro equipo
Por Redacción |
-
Ana Román, reforzo contrastado para o xogo interior do Arxil
Por Redacción |
-
Arxil-Araski e Cortegada-Aros León na primeira xornada da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Dous equipos vascos, principal novidade para o Arxil na nova tempada da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache seguirá un ano máis no Arxil ao aceptar a renovación ofrecida polo club
Por Redacción |