Máis de 500 piragüistas invadirán o Lérez na Copa de España Maratón
Por Redacción
O tramo urbano do río Lérez acollerá esta fin de semana a Copa de España de Maratón, unha cita que servirá para testar por primeira vez o circuíto do Campionato de Europa da especialidade que organizará Pontevedra en 2016.
Durante o sábado 2 e domingo 3 de agosto máis de 500 piragüistas de 97 clubs participarán nas diferentes probas, dende idade cadete ata veteranos, que inclúen ademais o Campionato Galego.
Os pontevedreses poderán gozar todo o percorrido de preto, que transcorrerá dende a ponte de San Bieito ata a ponte de Santiago e que contará con porteos na Illa das Esculturas, preto da zona onde se dará a saída.
Aínda que non estarán na cita algúns dos mellores especialistas, ao ter que afrontar en poucos días o Mundial de Augas Tranquilas de Moscú, se o farán os que buscan as últimas prazas en xogo para o Mundial do presente ano, que se disputará en Estadios Unidos, ademais dos campións do Mundo ÿscar Graña e Ramón Ferro.
A competición arrancará ás 9:30 horas do sábado coas probas individuais sénior e júnior de kaiak e canoa, tendo continuación dende as 17:00 horas cos deportistas cadetes e veteranos.
Para o domingo, de novo dende as 9:30 horas, quedarán os barcos dobres de júnior, sénior e veteranos.
Na presentación do evento o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e o presidente da Federación Galega, Alfredo Bea, recoñeceron que a cita servirá para pulir os posibles defectos de circuíto e organización non só de cara ao Europeo de 2016, senón tamén ante o Campionato de España do próximo ano, que tamén se celebrará en Pontevedra.
Relacionadas:
-
ÿscar Graña e Ramón Ferro triunfan na casa: ouro en C-2 na Copa de España de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Pontevedra vibra cos éxitos dos canoístas galegos na Copa España de Maratón
Por Redacción |
-
Os piragüistas pontevedreses, protagonistas do Campionato de España Promesas de Verducido
Por Redacción |