Támara Echegoyen, filla adoptiva de Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cotobade nomeará o vindeiro xoves filla adoptiva do municipio á regatista Támara Echegoyen, segundo acordou o Pleno da Corporación.
Echegoyen, que reside actualmente na parroquia de Viascón, proclamouse campioa olímpica en Londres 2012 na categoría de Match Race, xunto a Sofía Toro e Ángela Pumariega, e foi nomeada coas súas compañeiras ao premio a mellor regatista do ano que outorga a Federación Internacional de Vela.