Alberto Portela, do Escola Xadrez Pontevedra, proclámase subcampión de España sub-16
Por Redacción
A localidade granadina de Salobreña acolleu a pasada fin de semana o Campionato de España sub-16 de xadrez, con presenza de dous xogadores do Escola Xadrez Pontevedra.
Entre eles destacou o actual campión galego da categoría, Alberto Portela, que finalizou no segundo lugar colgándose así a medalla de prata.
Portela partía como quinto favorito do torneo e loitou ata a partida final polo título, empatando co primeiro clasificado con 7,5 puntos.
Pola súa banda David García subiu máis de 20 postos o seu ranking sumando 5,5 puntos para rematar na trixésimo terceira posición.
Ambos os dous xogadores céntranse agora no II Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Xadrez que se disputará na cidade de Lérez entre os días 7 e 14 de agosto.