Soto del Real e Bembrive FS, primeiros rivais de liga para o Leis feminino e masculino respectivamente
Por Redacción
Os dous principais equipos do Leis xa coñecen o calendario da tempada 2014-2015. O sorteo celebrado na sede da RFEF determinou que o primeiro partido do equipo masculino, que militará na Segunda División B, sexa o 11 de outubro ante o Bembrive FS, equipo vigués que visitará o Pavillón municipal. Pola súa banda, as rapazas de Segunda División debutarán unha semana antes contra o Soto del Real, tamén en Pontevedra.
A primeira saída do equipo feminino non será moi lonxe. Viaxará na segunda xornada (11 de outubro) a Ferrol para enfrontarse ao Valdetires. O outro derby galego chegará na xornada 9 (29 de novembro) e terá lugar tamén en Pontevedra. ÿ o día no que xogarán contra o Fisober FSF. Os partidos de volta celebraranse o 31 de xaneiro e o 8 de marzo, respectivamente.
O Leis feminino despedirá a tempada en Segunda División unha semana antes que o resto dos seus rivais. Ao ser trece equipos no grupo cuarto un descansará cada xornada e as pontevedresas farano na última. O seu partido final será, polo tanto, o 2 de maio na casa contra o Alover manchego.
O Leis Pontevedra, xunto cos outros dous conxuntos galegos, Fisober e Valdetires Ferrol, competirán con seis equipos madrileños (Soto del Real, Leganés, Futsi Navalcarnero B, Simancas, Alcorcón B e Humanes), tres manchegos (Chiloeches, Alover e Amora) e o Unami de Castela e León.
COMPOSICION DA SEGUNDA B
Pola súa banda, o primeiro choque fose de casa para o Leis masculino en Segunda B, categoría que estrean esta tempada, será o 18 de outubro contra o Universidad de Valladolid; mentres que o último partido da tempada o enfrontará ao Guardo FS no Pavillón municipal o 9 de maio.
Neste caso, os pontevedreses están integrados no grupo 1 da Segunda B xunto con outros seis equipos galegos (Noia, Cidade de Narón, Bembrive, Lousa Tres Cuñados, Ventorrillo e Esteo FS) e cinco casteláns (Universidad de Valladolid, Albense, Guardo FS, Cuellar Cojalba e Cistierna FS).