O Bidasoa, primeiro rival da SD Teucro na tempada 2014-2015
Por Alejandro Espiño
A SD Teucro coñece xa os rivais aos que se enfrontará durante a próxima tempada. A sede da Real Federación Española de Balonmán acolleu este martes o sorteo do calendario deportivo de División de Honra Prata masculina, unha competición que comezará o próximo 13 de setembro. O primeiro enfrontamento dos pontevedreses será contra o Bidasoa Irún, en terras vascas.
Isto podería cambiar, non obstante, porque o Bidasoa pode acabar xogando na Liga Asobal, debido aos problemas que teñen un dos equipos da máxima categoría, o Balonmán Aragón. Ten ata este xoves para presentar toda a documentación que lle require a liga.
O primeiro partido da SD Teucro na casa será o 20 de setembro. Será entón cando reciba ao Maristas Algemesí. O equipo valenciano nun dos tres equipos que ascenderon de Primeira Nacional, xunto co segoviano BM. Nava e o catalán La Roca, que visitarán o Pavillón Municipal tamén na primeira volta. Será na sexta e na oitava xornada, respectivamente.
O derby pontevedrés chegará tamén moi pronto, xa que será o segundo partido que os teucristas xoguen na casa. Na cuarta xornada, que se celebrará o 11 de outubro, o Academia Octavio visitará Pontevedra. A volta terá lugar no Pavillón das Travesas o 21 de febreiro, na décimo novena xornada.
"Es un calendario que nos va a exigir estar a un nivel alto desde el principio, ya que tenemos que visitar pistas complicadas como la del Bidasoa y la del Torrelavega y en el segundo partido en casa recibimos al Octavio, con lo que siempre supone un derbi", sinalou o adestrador, Quique Domínguez tras coñecer o sorteo. "Nos obliga a llegar en muy buenas condiciones al inicio de la liga si queremos ser un equipo competitivo desde las primeras jornadas y ganar a equipos que a priori deberían estar en la zona alta de la clasificación".
Pola súa banda, a SD Teucro non terá un cómodo final de tempada. Barcelona B (2 de maio na casa), Alcobendas (9 de maio, fóra) e Palma de Río (16 de maio na casa) serán os tres últimos partidos da tempada. Neles os pontevedreses poderían xogarse cumprir o obxectivo marcado para este ano, a permanencia un ano máis na División de Honra Prata, sen descartar logros maiores en función de como transcorra a tempada.
O calendario completo pódese consultar na páxina web da Federación Española de Balonmán.
Relacionadas:
-
Ilusión e ganas no arranque dos adestramentos para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
Álex Pombo rescinde o seu contrato co Teucro
Por Redacción |
-
Gonzalo Carró, novo xogador do Teucro: "Conozco a casi todos mis compañeros, no me costará mucho adaptarme"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro cumpre con Facenda e ve a luz ao final do túnel
Por Diego Espiño |
-
Iago Gómez, porteiro recén chegado ao Teucro: "Veño coa ilusión de pelexar para ter minutos"
Por Diego Espiño |