O Leis pecha a renovación de sete xogadores e logra manter o bloque da pasada tempada
Por Redacción
Manter o bloque da pasada tempada, un equipo que tan bos resultados obtivo a lograr os títulos de Liga e Copa de Terceira División. ÿ o obxectivo co que traballa o corpo técnico do Leis Pontevedra para a tempada 2014-2015, na que os pontevedreses militarán na Segunda División B do fútbol sala nacional. E van camiño de conseguilo, xa que aseguraron a continuidade de sete dos seus xogadores.
Trátase de Sergio Martínez, Daniel Taboada, Noel Gómez "Pocho", Sergio García Carabelos, Martín Fernández, Carlos Abadín e Gustavo Sepa. Todos eles aceptaron a oferta do club e continuarán un ano máis na entidade azulona.
Sergio García Carabelos e Martín Fernández son os dous máximos expoñentes da prolífica canteira do Leis e afrontarán a súa décimo terceira e oitava tempada respectivamente no club que os viu nacer deportivamente. Para Sergio Martínez será a súa quinta tempada no Leis, onde a día de hoxe é un dos xogadores clave nos esquemas de Manu Cossío, non en van o curso pasado rematou a liga con 17 goles, sendo o terceiro máximo anotador do equipo.
Dani, pola súa banda, chegou a tempada pasada procedente do IES Coruxo vigués, e no seu primeiro ano marcou 14 goles indo de menos máis na tempada e resultando básico no tramo final desta. Pocho, como Dani, tamén chegou o curso pasado, procedente do ADFS Bueu, e foi con 21 goles anotados o máximo goleador do equipo converténdose en poucos meses nun dos xogadores máis queridos pola afección local.
E por último, Carlos Abadín e Gustavo Sepa sumarán a súa segunda tempada no Leis Pontevedra, club ao que chegaron o curso pasado procedentes do Carballiño FS. Ambos os dous foron decisivos na parte final da tempada, anotando tantos que foron transcendentais para a posterior consecución dos títulos de liga e copa de Terceira División.
Nos próximos días, directiva e corpo técnico seguirán traballando na futura composición do equipo, equipo no que non estará Miguel López, que por motivos de estudos e o seu consecuente cambio de residencia abandona a disciplina pontevedresa. O club está á espera de de pechar nos próximos días a continuidade do resto de xogadores que conseguiron o ascenso e tratarán de apuntalar o equipo con catro ou cinco incorporacións.
Relacionadas:
-
Raúl Jiménez seguirá un ano máis no Leis
Por Redacción |
-
Álex, do Santiago Futsal B, convértese na segunda fichaxe do Leis
Por Redacción |
-
O Leis renova ao pivote Barcala e ficha ao porteiro Piki
Por Redacción |
-
Soto del Real e Bembrive FS, primeiros rivais de liga para o Leis feminino e masculino respectivamente
Por Redacción |
-
A Segunda B masculina, a Segunda División feminina e apostar pola canteira, claves do Leis 2014-2015
Por Redacción |