Artai Pazos e Javier González representarán o Mace Sport no Mundial de taekwondo para cadetes
Por Redacción
Bakú, capital de Acerbaixán, acollerá do 24 ao 27 de xullo o primeiro Campionato do Mundo de taekwondo en categoría cadete. Deportistas de entre 12 e 14 anos daranse cita nunha proba para a que se levan preparando durante meses.
Ese é o caso de Artai Pazos e Javier González, os dous taekwondistas pontevedreses que representarán o Mace Sport neste campionato mundial. Ambos os dous poderán participar, sinala o club, grazas á xestión diplomática do Concello de Pontevedra e á axuda económica da Federación Galega de Taekwondo.
Nestes últimos días, Artai Pazos e Javier González estivéronse a adestrar no stage organizado pola Federación Española. Partirán cara a Acerbaixán o próximo luns.
O evento que reunirá a nivel mundial por primeira vez a mozos entre 12 e 14 anos, presentará novidades na competición, tanto para deportistas coma para os seus adestradores. Entre elas, para esta primeira edición e co afán de protexer a integridade dos mozos no seu primeiro torneo de alto nivel, a organización aprobou a utilización dun casco cunha especie de careta á fronte para maior protección dos deportistas.
Os taekwondistas do Mace Sport xa se están a adaptar a esta nova normativa e adestran cos cascos regulamentarios.
Relacionadas:
-
Javier González e Artai Pazos, o futuro do taekwondo pontevedrés
Por Redacción |
-
ÿxito do Mace Sport en Bakú: Javier González, bronce no Mundial cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
Artai Pazos e Javier González xa están en Azerbaiyán para disputar o Mundial de taekwondo para cadetes
Por Redacción |
-
O futuro do taekwondo galego, reunido en Pontevedra para participar no III Open Cidade do Lérez
Por Redacción |
-
Bos resultados para Mace Sport e Mat's nos campionatos de España Cadete e sub-21 de taekwondo
Por Diego Espiño |