Adrián Sieiro e Sergio Vallejo compiten desde este xoves no Mundial júnior e sub-23 de Szeged
Por Redacción
Dous padexeiros achega o Club Piragüismo Poio á selección española que participará dende este xoves no Campionato do Mundo júnior e sub-23 en Augas Tranquilas, que se celebrará na localidade húngara de Szeged. Trátase de Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, que tratarán de coarse no podio das súas respectivas disciplinas.
Tras non lograr medalla no Europeo disputado hai tres semanas, Adrián Sieiro buscará resarcirse en Hungría. Competirá no C-1 200 metros. A nova promesa do piragüismo galego optará a estar entre os primeiros nunha nova cita internacional. O seu talento e calidade convérteno nun dos favoritos a estar no podio da categoría sub-23.
Pola súa banda, o outro epresentantes do Club Piragüismo Poio, Sergio Vallejo, probarán sorte no C-1 1.000 metros de categoría júnior.
Xunto a eles, Galicia achega outros seis piragüistas ao equipo nacional para este torneo. Trátase de Rubén Millán (Kaiak Tudense), que formará parte do K-4 1.000 metros; Cristina Noya (Rías Baixas Boiro), que afrontará a proba de C-2 500 metros xunto a Araceli Fernández; e Tania Fernández (Club Fluvial de Lugo) competirá en K-1 1.000 metros.
Entre os júniors estarán tamén Cristian Silva (Rías Baixas Boiro), en K-2 1.000 metros; e Camila Aldana Morison e Raquel Da Costa (Náutico de Pontecesures), en K-2 500 metros.
O Campionato de Mundo júnior e sub-23 rematará o domingo. Dende este xoves disputaranse as fases previas e tamén as semifinais. As finais celebraranse a partir do sábado.
Relacionadas:
-
Sergio Vallejo, oitavo no Mundial de Szeged; Adrián Sieiro á final de C-1 200 metros Sub-23
Por Redacción |
-
Sergio Vallejo, primeiro canoísta individual do Club Piragüismo Poio en disputar unha final dun Mundial
Por Redacción |
-
Tono Campos e Diego Romero quedan a oito décimas do bronce no Europeo de piragüismo
Por Redacción |
-
Os padexeiros do Piragüismo Poio quedan sen premio nas finais do Europeo Júnior e sub-23
Por Redacción |