Punto de crédito para o Marín de Toño Lodeiro
Por Redacción
O ultimatum de Toño Lodeiro tras a derrota da pasada semana, dando un mes de prazo para a reacción do equipo, parece que surtiu efecto nun Marín que, a pesar de non gañar, ofreceu unha imaxe moi diferente a das últimas xornadas, conseguindo rescatar un punto ante o Atios (1-1) a pesar de xogar 20 minutos en inferioridade pola expulsión de Soliño.
O Atios adiantouse no marcador cun tanto de Andrés Curiel no minuto 15, de penalti cometido por Tinaia, pero o conxunto marinense soubo sobreporse e non lle perdeu a cara ao encontro ata lograr a igualada xa na segunda metade por mediación de Dani.
O punto non serve para que o Marín escape das posicións de descenso, pero outorga unha boa carga de moral a un bloque que buscará confirmar esta melloría no próximo compromiso ligueiro na casa do Unión Grove.
MARÍN CF: Pablo González, Tinaia, Hayk, Romero, Darío Pena, Javi Abilleira, Alfonso (Joaquín, min.73), Hélder (Barros, min.73), Soliño, Agus, Dani (Agustín Doce, min.89).
UD ATIOS: Miguel, Monzi (Porri, min.73), Valiente, Lira, Maroto, Luismi (Quique, min.71), Telmo (Avendaño, min.73), Álex Cuesta, Andrés Curiel, Michi, Fondevila (Tomás, min.65).
Árbitro: Martínez Miguel (Ferrol). Amonestou a Manuel, Tinaia e Agus nos locais e a Andrés Curiel e Álex Cuesta nos visitantes. Expulsou no Marín a Soliño por dobre cartón amarelo (min.71) e con roxa directa ao adestrador Toño Lodeiro (min.86).
Goles: 0-1 Andrés Curiel, de penalti, min.15; 1-1 Dani, min.52).
Incidencias: Partido disputado no Campo de San Pedro, Marín.