O Grove recupera a Bandeira Virxe do Carme de traiñeiras tras doce anos sen celebrarse
Por Redacción
A Sala das Cunchas do Concello do Grove acolleu este venres a presentación da III Bandeira Virxe do Carme, organizada polo Club de Remo Mecos-Mondariz. Será a cuarta regata puntuable da Liga Galega de Traiñeiras B.
Coa III Bandeira Virxe do Carme recupérase unha das regatas máis antigas no que ás traiñeiras se refire. A última edición desta bandeira data do ano 2002, coa celebración do XXIII Trofeo Virxe do Carme. Foi o segundo ano como bandeira e nela impúxose o anfitrión, o Mecos. Na primeira edición da bandeira, disputada no 2001, proclamouse campión Cabo de Cruz.
No acto de presentación estiveron presentes o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez; o concelleiro de Deportes, Alfredo Bea; ou Martín González en representación do club.
Nesta regata participarán todos os equipos pertencentes á Liga Galega de Traiñeiras B: Mecos-Mondariz (actual líder da liga), Salgado Perillo, Bueu, Coruxo, Cabo de Cruz B, Cesantes, Esteirana, Rianxo e Vila de Cangas.
A regata, a celebrar en tres quendas, dará comezo ás 11.30 horas no Porto do Grove
Relacionadas:
-
A segunda Bandeira de Bueu reúne as mellores traiñeiras de España
Por Redacción |
-
A Liga Galega de Traiñeiras entra na súa recta final con Samertolameu na cabeza
Por Redacción |
-
Máxima igualdade na Liga B de traíñas: Mecos e Coruxo, líderes; Perillo e Bueu, a dous puntos
Por Redacción |
-
Amegrove gaña na casa e se achega a Samertolameu; Mecos e Bueu, empatados na Liga B
Por Redacción |
-
Comeza a Liga Galega de Traiñeiras cun segundo posto para Amegrove; Mecos gaña a proba B
Por Redacción |