"Ti tamén podes sentilo", lema da nova campaña de socios do Arosa
Por Redacción
O Arosa presentou este venres a campaña de captación de socios para a tempada 2014/2015.
Co lema "Ti tamén podes sentir" o club arlequinado busca chegar á súa masa social e superar a cifra de abonados do último curso, que roldou os 2.000.
Os prezos son os mesmos que nas dúas últimas campañas, segundo explicou a entidade na presentación realizada no estadio da Lomba:
- Individual: 50 euros
- Familiar 2 carnés: 70 euros
- Familiar 3 carnés: 100 euros
- Familiar 5 carnés: 150 euros
- Socio Especial: 100 euros
- Comercio Colaborador: 50 euros
- Peñas: 30 euros
As oficinas do club estarán abertas de luns a venres en horario de 19:00 a 22:00 horas para todas aquelas persoas que queiran retirar o carné.
A campaña complétase cun video promocional que se poderá ver na canle oficial do Arosa en Youtube e na pantalla xigante da praza de Galicia.