O xogador intenacional de fútbol sala Aicardo impartirá o seu primeiro campus en Cotobade
Por Redacción
O Pavillón de Tenorio, en Cotobade, acollerá os días 25, 26 e 27 de xullo o primeiro Campus Fútbol Sala Aicardo.
O xogador do Fútbol Club Barcelona e internacional por España impartirá leccións sobre este deporte aos primeiros 60 nenos, entre 6 e 12 anos, que se incriban no deportamento de Xuventude e Deportes do Concello antes do 17 de xullo.
Serán tres días nos que esta figura do fútbol sala nacional actuará de profesor de luxo intentando que "los chavales lo pasen bien".
Aicardo, que xogou catro tempadas en Santiago de Compostela, mostrouse encantado de poder participar no campus e "orgulloso de que lleve mi nombre".
Na presentación do campus o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, sinalou o seu desexo de que "sea el primer año de alguno más" e que o campus poida ter continuidade no tempo.