Digno papel dos cadetes do Waterpolo Galaico no Campionato de España
Por Redacción
Obxectivo cumprido para os cadetes do Club Waterpolo Galaico no Campionato de España de 2ª Categoría celebrado o pasado fin de semana en Pamplona.
O equipo pontevedrés, sen ningún xogador de último ano, finalizou en quinto lugar despois de cinco encontros que serviron para coller experiencia de cara á próxima tempada e continuar coa aprendizaxe dos deportistas.
O Galaico conmenzó o campionato ante o CW Castelló (10-14), un partido no que pagou un mal primeiro cuarto pero no que deu a cara en todo momento.
Os pontevedreses só caeron de xeito claro ante o campión do torneo, o CW Navarra (4-22), pero renderon a gran nivel ante CN Madrid Moscardó (8-11) e WP Donostia (9-5).
O único triunfo do campionato chegou no encontro definitivo ante o Stadium Casablanca, ao que derrotaron por 13 goles a 11.