O Consello rexeita ocupar a praza do Ourense: "El Pontevedra Club de Fútbol no va a pagar ese dinero"
Por Diego Espiño
O Pontevedra non pagará os 265.000 euros que a Federación Española esixe ao equipo que queira ocupar a praza deixada en Segunda B polo Club Deportivo Ourense tras o seu descenso administrativo.
Así o confirmou o presidente granate, José Manuel Fernández, nun receso da reunión que o Consello de Administración celebrou este martes no Estadio Municipal de Pasarón.
Fernández deixou clara a postura dos conselleiros ao asegurar que "en el tema del Ourense evidentemente el Pontevedra Club de Fútbol no va a pagar ese dinero porque tiene otras obligaciones". Refírese o dirixente á débeda contraida co plantel "que vamos a arreglar estos días", ademais de "empezar a negociar con la Agencia Tributaria pero poniendo encima de la mesa dinero" para lograr o certificado que desbloquee as subvencións pendentes e permita regular os ingresos de cara á próxima tempada.
Con todo o presidente non pechou de todo a posibilidade de aboar a cantidade esixida pola Federación Española: "el Pontevedra está abierto a que una persona (ajena a la entidad) de un paso adelante pero en este momento no la tenemos", sentenciou Fernández.
Sobre o Puertollano: "Si se produce esa circunstancia el Pontevedra estará en Segunda B"
O que si fará o club lerezano, se se dá a posibilidade, é aceptar o lugar do Puertollano se ao final o conxunto manchego non reune o aval necesario para competir en Segunda B. Neste caso, defende Jose Manuel Fernández, "el Pontevedra va a hacer valer su opción de ascenso, luego lo que habrá que hacer es pagar el aval correspondiente como cualquier equipo, pero si se produce esa circunstancia el Pontevedra estará en Segunda B".
PLANIFICACIÿN DEPORTIVA
Ademais das diferentes posibilidades de ascenso, o Consello de Administración avanzou nos plans deportivos. Neste sentido os responsables desta parcela empezarán a falar dende o mércores cos futbolistas que non seguirán no club por decisión técnica.
Relacionadas:
-
Lupe Murillo releva a José Manuel Fernández no Consello e a Presidencia do Pontevedra
Por Redacción |
-
Pablo Couñago e Cano na órbita do Pontevedra; Lloves, moi preto de volver
Por Diego Espiño |
-
A Federación Española eleva a 265.000 euros o custo da praza do Ourense
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, a 160.000 euros de Segunda B tras o descenso administrativo do Ourense
Por Diego Espiño |
-
A posible renuncia do Puertollano ao ascenso podería abrirlle ao Pontevedra a porta da Segunda B
Por Alejandro Espiño |