Javier Busto e Susana Alonso, vencedores do Campionato Galego de BTT Maratón en Cotobade
Por Redacción
Cotobade foi escenario este domingo do Campionato de Galicia de BTT Maratón promovido pola Federación Galega de Ciclismo e coa organización do Moteferro Bike Club.
A proba, con saída e chegada en Carballedo, contou cun percorrido de 60 quilómetros polos montes do municipio, que foron escenario dunha igualada loita polo triunfo final.
Javier Busto (C.C. De La Fuente) fíxose finalmente coa vitoria cun tempo de 2:25:22, seguido a 22 segundos de Alejandro Trasbach e a 26 por Manuel Ángel Parada, ambos os dous do equipo Lola-Lola.
En categoría feminina a máis rápida foi Susana Alonso (GR 100) con 2:51:40, con Silvia García (Bici Verde) segundo e Estela Lago (Miñor Bike) completando o podio na terceira posición.