En marcha o Campionato de España de Ximnasia Trampolín no Pavillón Municipal

Por Redacción
A espectacularidade do Campionato de España de Ximnasia Trampolín xa inunda o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, sede da competición, que arrancou a primeira hora deste venres.
Ata o mediodía do domingo preto de 350 ximnastas de 12 Comunidades Autónomas exhibirán as súas calidades atléticas no recinto lerezano.
As modalidades en competición son trampolín individual, dobre minitramp, tumbling, trampolín sincronizado e minitrampolín.
Os catro mellores deportistas en cada aparato obterán o premio da clasificación para o Mundial de Trampolín de Daytona Beach (Estados Unidos), unha circunstancia que propiciou un gran nivel competitivo en Pontevedra.
Campionato de España de Ximnasia Trampolín no Municipal
Preto de 350 ximnastas de 12 Comunidades Autónomas toman parte na competición
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
A ximnasia pontevedresa reclama un pavillón específico para a práctica deste deporte
Por Redacción |
-
O Ximnasia Pontevedra brilla na casa no Campionato de España de Trampolín
Por Redacción |
-
350 ximnastas disputarán o Campionato de España de Trampolín a partir do xoves 26 no Pavillón
Por Redacción |