Marc Tur fai historia para a Gimnástica cunha medalla nos Xogos do Mediterráneo Sub-23
Por Redacción
O atleta balear Marc Tur converteuse no primeiro deportista da Socieda Gimnástica en lograr unha medalla internacional nos seus máis de 80 anos de historia.
O marchador logrouno nos Xogos do Mediterráneo Sub-23 celebrados na localidade francesa de Aubagne.
Tur competiu nos 10 quilómetros marcha logrando a medalla de prata tras outro español, Álvaro Martín, despois dunha carreira moi competida que se decidiu no tramo final.
En Marsella tamén estivo outro atleta do club pontevedrés, David Alejandro, formando parte do relevo 4x100 do equipo español, aínda que a fortuna lles virou as costas e unha mala entrega da testemuña provocou a descualificación do combinado nacional.