Adrián Esperón e Patricia Martínez participarán o 2 de decembro no Campionato do Mundo de Baile Deportivo
Por Diego Espiño
O pontevedrés Adrián Esperón e a súa parella Patricia Martínez, natural de Mos, buscan continuar coa súa progresión no Campionato do Mundo de Baile Deportivo que se celebra o próximo 2 de decembro na cidade autraliana de Melbourne.
Despois de clasificar nun meritorio 35 posto no último mundial, aspiran a mellorar este resultado e situarse entre as 24 mellores parellas. A final, composta polas seis primeiras, queda de momento un pouco afastada, como recoñece Patricia, "estar en la final sería un sueño, pero somos muy jóvenes y nos queda mucho por mejorar. Los que entran están todos sobre los 30 años".
Adrián e Patricia representarán a España como os actuais números un do ranking nacional na que supón a súa cuarta participación nun Campionato do Mundo, logo de alcanzar o noveno posto no recentemente celebrado Campionato da Unión Europea.