A auga non pode cunha multitudinaria Ruta BTTinto na súa terceira edición
Por Redacción
A mala climatoloxía reinante nos últimos días fixo que non estivesen presentes os máis de 2.600 ciclistas inscritos, pero a pesar de todo a terceira edición da Ruta BTTinto resultou un éxito de participación.
A ruta, que coincide coa celebración da Festa do Viño Tinto de Barrantes, reuniu un nutrido pelotón para completar os 33 ou 46 quilómetros de percorrido, segundo se seguira a opción corta ou longa.
A organización deu a saída ás 9:30 horas da mañá para os inscritos no evento ciclista, pero tamén se desenvolveu unha saída de sendeirismo que contou cunha grande aceptación.
A BTTinto consolidouse así como unha das rutas máis importantes de Galicia con só tres anos de vida baixo a organización do Concello de Ribadumia xunto aos clubs CC Armenteira e Punto, CDM Xesteiras e a tenda Salnés Bici.