E que pase o seguinte! Un Pontevedra práctico e fiable gana de novo (0-1) ao Atlético Granadilla
Por Ramiro Espiño
Intentou o Atlético Granadilla enturbiar o partido de volta desde o mesmo momento en que saíu goleado de Pasarón. Pretendían os canarios converter o choque de volta no Francisco Suárez nun "inferno", ou iso rezaba unha das pancartas colgadas nun dos fondos. Pero o suposto lume dese inferno deportivo durou menos que unha cerilla nun temporal de vento.
De entrada, a asistencia de público viuse reducida a moito menos do que se anunciaba. A chegada ao campo dos granates foi tranquila, e logo pouco máis dun par de centenares de inchas aos que lles durou a esperanza case tanto como ao seu equipo.
Logo, foron exactamente once minutos os que tardou o Pontevedra en adiantarse no marcador e demostrar que chegara a Tenerife non só a facer valer o resultado da ida, senón tamén a deixar claro que non quería dar nin o máis mínima físgoa á perigosa confianza. Ese gol de Miguel terminou de apagar o "lume" canario e converteu o resto do partido nun quero e non podo para o equipo local.
Porque os de Manu Fernández foron en Granadilla de Abona un equipo serio, disciplinado, intenso e práctico, tremendamente práctico, para adaptarse ás deficientes condicións dun terreo duro. Sempre coas liñas moi xuntas e non desperdiciando a menor oportunidade para saír con perigo á contra en busca de redondear o marcador.
De saída o técnico canario intentou sorprender cun sistema arriscado, deixando únicamente só tres defensas atrás, cun dobre pivote e unha liña de catro para tratar de conectar coa súa punta Rubén Rosquete. Nin con esas. O relativo perigo local reduciuse en todo o primeiro tempo ao lanzamento de saques de esquina, ben resoltos pola zaga granate.
Arriba, Pablo Carnero, ben secundado polo traballo de Tubo e Fran Fandiño, causaban pavor na defensa tinerfeña. Tanto que aos 9 minutos Pablo Carnero sería derribado por Noda cando encaraba só a Saúl. O colegiado ignorou o claro penalti, quizais pensando en que uns minutos antes reclamáronlle os locais un nunha acción entre Edu e Rubén Rosquete, que claramente deixouse caer ante o meta granate.
Pero apenas dous minutos máis tarde chegaría o gol. David Pérez aproveita o espazo libre na súa banda e Alozie derríballe por detrás. A falta lateral pona David Feito como unha luva e Miguel, anticipándose, remata de cabeza ao bordo do área de meta, picando o balón.
O gol acrecentou as dúbidas locais, na mesma medida que afianzaba ao Pontevedra na súa posta en escena. O Atlético Granadilla non atopaba a forma de achegarse con perigo, limitándose a colgar balóns e os granates empezaron a acumular ocasións.
Primeiro tívoa Fran Fandiño (minuto 26), pero o seu remate saíu cruzado. Despois o propio Fandiño pon un balón para Tubo (minuto 37), pero escápaselle no control e non pode evitar a Saúl cando o encaraba.
Máis claras serían as duas seguintes. Un centro de Tubo (minuto 39) remátao David Pérez, pero o disparo, en magnífica posición, dá en Natael. Despois a quenda foi para Pablo Carnero (minuto 41) que desde un lateral lanza un disparo envenenado. Saúl toca o xusto para mandar o balón ao longueiro e impedir o segundo tanto pontevedrés.
Queimou as súas naves o adestrador canario ao comezo da segunda parte, con dous cambios de saída e un terceiro aos poucos minutos, adiantando tamén á súa central, Natael, para intentar aproveitar a súa envergadura como dianteiro centro.
A aposta era clara, bombardear á zaga visitante con fútbol directo. Tan clara como inútil. O Pontevedra tapaba todos os ocos, mostrábase inabordable nas segundas xogadas, e a inchada local desinflábase, ata o punto de abandonar o campo en bo número (incluída a súa suposta sección "ultra") cando aínda restaba media hora para o final.
Co Pontevedra replegado, os tinerfeños non atoparon espazos e tan só unha indecisión de Pablo, a única que tivo en todo o partido, concedeu unha ocasión de verdadeiro perigo (minuto 67). Edu puido tapar o tímido remate de Natael, que se atopou co balón.
Puido ampliar a conta o once de Manu Fernández en varias ocasións. A máis clara nas botas de Pablo Carnero (minuto 73), nun saque longo de Edu, que botou moi alto e deixouno só ante Saúl, pero o dianteiro granate cruzou o balón en exceso, mandándoo fose xunto á base do poste.
A fatalidad do partido foi para Yago Vázquez. O central granate substituíu a David García no minuto 78, e en apenas 20 segundos foi expulsado ao cometer penalti nun balón colgado ao área no que derribou a Natael. Pero nin con esas. Edu adiviñou a dirección do lanzamento de Iván Martín, mandando o balón a corner.
Cun menos sobre o campo tampouco pasou apuros o conxunto pontevedrés. Ata dispuxo dun par de contras levadas por Benja que a punto estiveron de traducirse en gol. Xa era o de menos. O importante estaba feito. O Pontevedra estaba na final con xustiza e solvencia. Gañando os dous partidos ao Atlético Granadilla e mantendo unha esperanzadora liña ascendente en canto á súa capacidade competitiva.
Queda unha eliminatoria para que o soño do ascenso e o retorno á Segunda B sexa unha brillante realidade. Así pois: ¡que pase o seguinte!
ATLÿTICO GRANADILLA (0): Saúl (1); Natael (2), Noda (1), Iván Martín (1); Alozie (1), Julio (1); Juan Ramón (1), Saúl Pérez (1), Cristian Barrios (1), Javi Marchena (1); e Rubén Rosquete (1).
Sustituciones: Alexis de Paz (1) por Rubén Rosquete, minuto 46. Caleta (1) por Alozie, minuto 46. Nabil (1) por Javi Marchena, minuto 56.
PONTEVEDRA CF (1): Edu (3); Adrián (3), Pablo (3), Miguel (3), David Feito (3); David García (2), Kevin Presa (2); Tubo (3), Fran Fandiño (2), David Pérez (2); e Pablo Carnero (3).
Sustituciones: Benja (2) por Tubo, minuto 62. Moreira (2) por Fran Fandiño, minuto 69. Yago Vázquez (s.c.) por David García, minuto 78.
Árbitro: Isráel Gómez Hernández (Colexio Catalán), auxiliado nas bandas por ÿdgar Nula Pérez e Jesús Gimeno Soláns. Expulsou con vermella directa ao xogador granate Yago Vázquez (minuto 78). Amonestó a Julio e Natael, polo conxunto canario, e a Edu, David García e Fran Fandiño, polos pontevedreses.
Goles: (0-1) Minuto 11: Miguel.
Incidencias: Campo Francisco Suárez (Granadilla de Abona-Tenerife). Uns 300 espectadores, entre eles un par de decenas de afeccionados granates, convocados polo Centro Galego de Tenerife e o seu presidente, o pontevedrés Eduardo Sánchez Solla.
VESTIARIOS:
Alfonso Donate: "Prexudicáronnos en todo, dende os horarios ata a arbitraxe e os medios de comunicación de Pontevedra"
ALFONSO DONATE: Que non soubo encaixar a derrota o técnico canario son clara mostra as súas palabras, culpando da mesma ao árbitro do partido, á Federación Española e ata á prensa pontevedresa: "Hai que ver que o árbitro cómese un penalti nada máis empezar o partido, que é unha expulsión do porteiro e prexudicáronnos en todo, desde os horarios ata o arbitraje. A clave foi esa xogada. Si o árbitro pita o penalti e o porteiro é expulsado, eles xogan con dez. Non o sei si hai outro penalti na miña área, eu non o vin. Eu ví o meu. A eliminatoria está condicionada pola actuación arbitral de hoxe e máis cos medios de comunicación de Pontevedra, máis aínda co que estaban dicindo aí. Trátannos como salvaxes. Acabo de escoitar da cadea SER que non son tan perigosos como dicían nos medios de comunicación de Pontevedra".
MANU FERNÁNDEZ: Satisfacción lóxica e orgullo do traballo dos seus homes. As palabras do adestrador granate reflectían o seu estado de ánimo: "Moi contentos e moi satisfeitos. Xa ves como está esta xente (de fondo soaba dentro do vestuario os gritos dos seus xogadores dicindo 'que si, foder, que imos ascender'). Só nós sabemos os que nos custou chegar ata aquí. Despois do día do Dorneda ninguén daba un duro por nós, ninguén confiaba en que podiamos facelo, e bo, sen ruído, sen demasiado bombo estamos aí, metendo a cabeza e a esperar o rival mañá".
Manu Fernández: "Estamos onde estamos, porque confiamos en nós mesmos"
"Iso vese no campo, hai absoluto convencimiento de que se pode conseguir. O campión canario, que é un grupo potente e en casa facemos un partido de moita confianza e hoxe vimos aquí, a un campo onde se sofre moito e parece que a eliminatoria foi sinxela, pero foi un partido moi complicado, pero esta xente está onde está, estamos onde estamos, porque confiamos en nós mesmos e sabemos que o que facemos pode ter éxito ao final. Non viñamos pensando en aguantar o resultado e iso é o que fixemos, cun equipo ordenado, traballador, para o que calquera adxectivo é pouco".