O mal estado do mar obriga a suspender a primeira xornada de Trofeo Jaime Janer
Por Redacción
Ventos de ata 30 nós e ondas de tres metros de altura obrigaron a suspender a primeira etapa do III Trofeo Capitán de Corbeta Jaime Janer Gran Premio Concello de Marín para barcos Clásicos e de ÿpoca.
A competición, organizada pola Escola Naval Militar e o Real Club de Mar de Aguete, xa decidira variar o seu percorrido ante as previsións adversas non rematando a primeira etapa en Baiona, como estaba previsto, refuxiándose no interior da ría de Pontevedra.
Sen embargo as condicións do mar resultaban perigosas para as embarcacións máis pequenas e mesmo duras para as grandes goletas, o que motivou a suspensión.
Para o domingo, cunha previsión máis favorable, espérase poder completar a etapa definitiva con 15 millas náuticas de percorrido entre os portos de Aguete e Marín.