O Leis Pontevedra, a pola Copa baixo a atenta mirada dos trofeos de Mundial e Eurocopas
Por Redacción
O Leis Pontevedra masculino encara a recta final da súa preparación de cara á fase final de Copa que se disputará a próxima fin de semana no Pavillón Municipal de Pontevedra. Os pontevedreses, tras lograr o ascenso á Segunda División B, tratarán de pechar a súa fantástica tempada cun novo título.
O Santiago Futsal B e o Burela B mediranse o sábado na primeira semifinal copeira e o conxunto anfitrión e actual campión liguero, o Leis Pontevedra agarda rival para a segunda. Villalba e 5 Coruña mediranse este mércores nun disputado duelo que decidirá quen é o cuarto e último semifinalista da Copa.
Desde o club espérase unha masiva afluencia de público no Pabellón Municipal, non só polo atractivo da competición, senón porque a ela unirase a posibilidade de fotografarse coa copa do Mundial de fútbol conquistada en 2010, as dúas últimas Eurocopas gañadas en 2008 e 2012 e a última Eurocopa de fútbol sala lograda en 2012.
A programación do evento será a seguinte:
SABADO 7
- 16:30 17:30: Sesión de fotos coas copas do Mundo
- 17:30 19:00: 1º Semifinal de copa 3º División Senior Masculino
- 19:00 20:00: Sesión de fotos coas copas do Mundo
- 20:00 21:30: 2º Semifinal de copa 3º División Senior Masculino
DOMINGO 8
10:00 11:30: Final Copa 1º División Xuvenil
11:30 12:00: Sesión de fotos coas copas do Mundo
12:00 13:30: Final Copa 3º División Senior Masculino
14:00: Entrega de premios
Para animar o ambiente, o Leis Pontevedra repartiu 4.000 invitacións por toda a cidade. Espérase tamén a presenza das máximas autoridades do fútbol e fútbol sala galego durante toda a fin de semana.