O pontevedrés Félix García repite subcampionato do Mundo de tenis en cadeira de rodas
Por Redacción
Por segundo ano consecutivo o pontevedrés Félix García proclamouse a pasada fin de semana subcampión do Mundo de tenis en cadeira de rodas.
Félix, xunto ao vigués Martín De la Puente, integrou o equipo júnior español na competición desenvolvida na cidade holandesa de Alphen.
Ambos os dous xogadores realizaron un gran torneo ata chegar á final, na que perderon ante o equipo de Rusia (2-1).
Despois de que Félix García cedese nun apertado primeiro encontro ante Ildus Shaikhislamov (6-3, 4-6, 6-4) e De la Puente establecese a igualada vencendo a Viktoriia Lvova (6-3, 6-1), a final decidiuse no super tie-break do punto final de dobres (7-6, 0-6 e 10-3).
O equipo español chegaba como favorito á rolda definitiva despois de que nas fases previas só cedesen dous sets gañado a Turquía (3-0), Chile (3-0) e a propia Rusia (3-0) na fase de grupos e en semifinais ao conxunto anfitrión, Holanda (3-0).