Poio FS pecha a liga cunha contundente derrota (8-1) ante o campión Atlético de Madrid
Por Redacción
Sen nada en xogo máis que despedir a liga co mellor sabor de boca, Poio FS e Atlético de Madrid enfrontábanse nunha especie de homenaxe ás madrileñas, que conseguiron esta tempada arrebatar o título de campión de liga ao Burela e o fixeron mesmo con certa comodidade nas xornadas finais.
As de Marcio Santos nada puideron facer, e perden unha praza na clasificación, quedando finalmente na décima posición da táboa, ao ser igualadas a puntos polo Cidade de As Burgas, co golaverage favorable ao conxunto ourensano. Aínda así, máis que meritoria tempada das rapazas que dirixe Marcio Santos, no seu debut na máxima categoría do fútbol sala feminino.
A nota negativa deste último partido ligueiro produciuse durante o quentamento, cando a xogadora do Poio FS, Claudia, recibiu un balonazo nunha man que obrigou ao seu traslado a un centro asistencial, onde tras un primeiro examen se lle diagnosticou unha dobre fractura nun dedo, que deberá ser valorada con máis exactitude ao seu regreso.
O equipo madrileño impúxose sen dificultade a través da posesión de balón, obrigando o Poio a esforzarse nos labores defensivos. A pesar diso, as visitantes só puideron aguantar o pulo local ata mediado o primeiro tempo, cando Cristina, nunha boa xoga trenzada, facía o primeiro gol.
Antes do descanso, Ro, aproveitando un rexeitamento a disparo de Natalia, e Peque a pase da mesma Natalia deixaban o partido sentenciado cun 3-0 que reflectía a superioridade madrileña.
Tras o descanso, Leti aproveitaba un rexeitamento para facer o cuarto e superada a metade do período, Rocío a pase de Peque facía o 5 a 0. Logo chegarían tres tantos consecutivos da brasileira Ju Delgado, dous en combinación con Ana e o terceiro aproveitando un rexeitamento, coa que o Atlético pechaba a goleada. Ceci, nunha boa xogada persoal con sombreiro incluído ante un rival facía o gol da honra visitante.
ATLÿTICO DE MADRID (8): Jenny; Leti, Cris, Anita Luján, Ju Delgado -cinco inicial-, Natalia, Peque, Ro, Rocío e Fabi.
POIO FS (1): Carmen; Elena, Peke, Ceci, Charo -cinco inicial-, Mar, Kiko, Yoly, Paloma e Silvia.
Árbitros: Víctor Manuel Gámez e Fernando Núñez Galván (Madrid). Amoestaron a xogadora visitante Ceci.
Goles: (1-0) Minuto 11: Cristina. (2-0) Minuto 18: Ro. (3-0) Minuto 18: Peque. (4-0) Minuto 25: Leti. (5-0) Minuto 31: Rocío. (6-0) Minuto 32: Ju Delgado. (7-0) Minuto 33: Ju Delgado. (8-0) Minuto 34: Ju Delgado. (8-1) Minuto 35: Ceci
Incidencias: Pavillón La Estación. Uns 350 espectadores.