O Poio FS visita o campión para despedir a súa primeira tempada na elite
Por Redacción
O pavillón de La Estación de Navalcarnero será o escenario no que o Poio Fútbol Sala despida a súa primeira tempada na máxima categoría do fútbol sala feminino nacional.
As vermellas visitan (sábado 18:00 horas) a cancha das campioas, o Atlético de Madrid, cos deberes feitos dende a novena praza da clasificación.
O Poio pretende coarse na festa das madrileñas, que recibirán a copa que as acretida como campioas de liga nun ambiente de luxo, pois o partido se organizou como homenaxe a Amaya, unha nena de catro anos que padece unha enfermidade rara, a síndrome de Wolf-Kirschhorn.
Todo o recadado durante a xornada será destinado a axudar a súa familia, un obxectivo ao que se sumou o conxunto galego regalando unha camisola asinada por todas as xogadoras para o sorteo que se vai celebrar no pavillón.