Antonio Portela queda a un paso do triunfo no Trofeo da Ascensión
Por Redacción
Co mel nos beizos quedou o Grupo Deportivo Supermercados Froiz no Trofeo da Ascensión en Santiago de Compostela.
O seu corredor Antonio Portela entrou na meta en segundo lugar por detrás do portugués Samuel Magalhaes (Liberty Seguros), que aguantou en solitario os últimos 40 quilómetros a pesar da presión dos seus perseguidores.
Portela chegou a 22 segundos, mentres Ribeiro (Anicolor - Mortagua) a 46 segundos, completou o podio.
Ademais da Ascensión, o Froiz afronta este fin de semana un dos principais obxectivos da tempada, a Volta ás Comarcas de Lugo, unha rolda de tres etapas en Lourenzá, Lugo e Pobra do Brollón.
O equipo dirixido por Evaristo Portela intentará repetir o triunfo conseguido en 2013 por Miguel Gómez, e para iso dispoñerá dunha formación composta por: Antonio de Segovia, Pedro Merino, Sergio Míguez, Aser Estévez, José Luis Mariño, David de Francisco e o propio Miguel Gómez.